Alex Penabade

Alex Penabade

Realizadora, directora de fotografía e montadora, estudou o ciclo superior de Imaxe na EIS de Vigo. Ten unha produtora, Adarme Visual, coa que traballa para diferentes cadeas de TV e produtoras. Como realizadora, nos últimos anos dirixiu diversos fashion films e vídeos corporativos. Aínda que se centra principalmente en traballos de promoción e publicitarios, todos eles contan coa pegada creativa da autora. Actualmente, a comezos de 2016, traballa en creacións máis persoais, á marxe do ámbito comercial. 


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras