Aldara Pregue

Aldara Pregue

Naceu en Santiago de Compostela o 9 de marzo de 1990.

Estudou o ciclo superior de Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos en O Raio Verde, en Santiago de Compostela (2010-2011), e máis tarde trasladouse a Pontevedra para cursar o grao en Comunicación Audiovisual (2012-2016).

Ao longo da súa etapa de formación participou en diversas curtametraxes coma Galiza galáctica (2011), falso documental sobre o avistamento de ovnis na comunidade, ou O rostro esquecido (2014), gañador do segundo premio do concurso de creación audiovisual da Universidade de Vigo. Grazas a unha bolsa Erasmus estudou durante un ano na Universidade Católica do Porto.

Comezou a súa andaina como realizadora con Anverso (2016), unha peza documental, xurdida dun obradoiro impartido por Lois Patiño en Pontevedra, na que traballa a memoria da paisaxe a través de postais antigas. Ese traballo coa memoria foi algo que se repetiu na súa breve traxectoria xa que, xunto á realizadora Iria Silvosa, creou ese mesmo ano a curtametraxe documental Lar (2016). Nela traballan a memoria emocional vinculada a espazos xa non habitados.

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras