Adriana Páramo

Nacida en Vigo en 1985, vive en Londres desde o ano 2009, onde traballa como xefa de produción en vídeos corporativos para clientes coma Unilever ou Gordon Ramsey. Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e graduouse en 2010 do mestrado de dirección de cine na London Film School coa súa primeira curta, Illa pedra, gañadora de premios no Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) e no Bragacine 2010. En 2012 foi seleccionada nun programa de mobilidade europeo e trasladouse a Polonia, onde traballou nunha organización cultural. Tamén participou en rodaxes en Marrocos e Italia. Forma parte da organización Galician Film Forum, nada para levar cine galego a Londres, e segue a desenvolver a súa faceta de dirección. Galicia. Portobello Road é a súa última curta.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras