Marta Pérez Pereiro
Doutora pola USC e ten un grao en Estudos da Comunicación pola Universidade de Glamorgan (Reino Unido). Profesora axudante doutora na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, na que imparte materias de Comunicación Audiovisual e forma parte do grupo de investigación Estudos Audiovisuais. Defendeu a súa tese Modalidades humorísticas na comedia televisiva galega. Humor e ideoloxía na fórmula televisiva da comedia de situación en 2007 e mantén o humor nos medios de comunicación como un dos seus temas de investigación, xunto coa pesquisa en pequenos cinemas europeos.