Margarita Ledo

Margarita Ledo

Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais e dirixe o proxecto de I+D+i "Cara ao espazo dixital europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal". A súas liñas de busca traballan a produción e o acceso a bens culturais desde a diversidade, as políticas de comunicación e as teorías feministas nos universos da creación e a expresión. É Premio Nacional da Cultura Galega 2008 en Cine e Audiovisual e membro da Real Academia Galega. O seu libro Cine de fotógrafos (2005) foi premio da Fundació Espais d'Art Comtemporani. Cineasta e escritora, entre os seus filmes figuran Santa liberdade (2004); Manuel María: "eu son fala e terra desta miña Terra" (2005/2016); Liste, pronunciado Líster (2007); ou Cienfuegos, 1913 (2008); ademais da ficción A cicatriz branca (2012). Entre as súas publicacións recentes figuran "Cine documental, cibercultura y tecnologías de proximidad", artigo publicado en Telos e "El cuerpo, esa insoportable lengua comunal", capítulo do libro El tratamiento informativo de la violencia contra las mujeres .