Anxela Caramés

Anxela Caramés

Licenciada en Historia da Arte (USC, 1999) e doutora en Belas Artes (UPV, 2016) no programa de doutoramento Artes Visuais e Intermedia. Posúe formación en realización audiovisual pola Escola de Imaxe e Son Someso (2001), na que realizou a curta documental Tako Blizu, Tako Daleko (Tan lonxe, tan perto) e a curta de ficción Condimento. Traballa como comisaria, crítica de arte e investigadora en artes visuais e feminismos. Publicou artigos en revistas especializadas e catálogos de exposicións; tamén organizou numerosas conferencias e foi comisaria de exposicións (Desnudas, Ensamlandet (Terra de soidade), Elas Fan Tech, After Teresa de Villar. Seoanes posibles, Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, Lost & Found. Arquivos (re)colectados). Dirixiu os ciclos de vídeo Muartech. Acciones Híbridas desde el Género y la Tecnología, Creadoras Galegas Feministas e Accións e Delirios en 8 mm. Galicia 1975-85). Forma parte de Contenedor de Feminismos e de M-Artech. Realizou as instalacións audiovisuais S/T (Mercado), Cela 11, con Ramón Santos, e Hyohakusha. Camiñante sen rumbo, con Xisela Franco.