Obra - Xisela Franco - Hyohakusha, Caminante sin rumbo

Hyohakusha, Caminante sin rumbo (2014)

Produtora Epojé Films e dirección Xisela Franco e Anxela Caramés

 
 

Curtametraxe, Super 8, 18 min

Hyohakusha é unha viaxe a Xapón que pasa por Galicia. Dúas mulleres cineastas recuperan uns rolos de Super 8 que mostran a viaxe dos galegos a Xapón en 1973 e con ese material realizan unha película na que engaden imaxes rodadas por elas, tamén en Super 8, en Galicia. Ambas as dúas paisaxes confúndense nunha narración visual, aínda que tamén literaria, impregnada de haikus Basho e historias de mulleres xaponesas en Galicia.

 
 
  • Hyohakusha, Caminante sin rumbo
  • Hyohakusha, Caminante sin rumbo
  • Hyohakusha, Caminante sin rumbo

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras