Obra - Olaia Sendón Ogando - Os fabulosos irmáns da luz
Os fabulosos irmáns da luz (2008)
Olaia Sendón
Curtametraxe, 17 min, 47 s
A autora pregúntase se gardarán os espazos memoria do que teñen sido. O pano baixa, as luces apáganse, a derradeira sesión. A xente que outrora encheu as salas déixalles paso aos habitantes silenciosos do paso do tempo. As arañas tecen o seu fío e as pinturas, antes luminosas, apáganse e rompen. Unha atmosfera de po circula libremente entre as butacas nas que as couzas construíron as súas casas. Ruínas, ruínas. Plástica mestura de espazo e memoria. Unha voz triunfal e case circense rompe o silencio: "Señoras e señores, benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo". Luces e sombras oscilan e dan forma aos espazos mortos que, por un momento, recuperan os ecos do que foron.
|
Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras