Obra - Carla Andrade - Magma
Magma (2014)
Carla Andrade
Videoinstalación bicanle, vídeo HD, 2 min, 30 s, en bucle
Pingas de lume que crean un universo de asteroides magmáticos. Realidade líquida e gravitatoria, enerxía cósmica, ritmo atomizado. Neuronas dun inconsciente liberado. Idea de expansión que elimina a idea de "alma" como "todo", reducíndoa á condición de unidades de enerxía en perpetuo proceso, partículas elementais sen duración que xorden en perfecta dependencia. O "eu" como unha corrente de unidades de forza en incesante devir que procura a ilusión dunha entidade. Cadea kármica. Idea de que a eternidade reside no transitorio, o eterno perténcelle ao instante. A eternidade como infinitos instantes que conviven. Eternidade non como infinita duración senón como ausencia de temporalidade. Atención do inmediato, da vivencia do agora, porque nada hai permanente. Universo de carácter móbil, procesual, relacional e interactivo de todo o existente. Realidade de xogo de resonancias. Aquí o "obxecto" concíbese como algo que se vai constituíndo, completándose, perdéndose e recuperándose co ritmo vibrátil dun universo en produción incesante.
|
Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras