Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Teatro Principal de Pontevedra
Venres 2 e sábado 3 de marzo de 2018

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais, nos que as firmas son un 80 % masculinas, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais.

A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogues para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciados durante anos.

Deseñamos un foro que reúne esas mulleres, de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e da escritura que, a través de relatorios individuais, entrevistas e coloquios, reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

As trece convidadas suman case medio millón de seguidores e seguidoras en Twitter, unha audiencia á que chegaremos desde Pontevedra a través das quince intervencións que estruturan o programa.

Para máis información contacta coa organización nos teléfonos  986101323/669459453

PROGRAMA

Venres 2 de marzo

12.30 h Inauguración
13.00 h "A opinión nos medios locais" María Varela
13.45 h "O perigo de opinar sendo muller. O acoso machista en redes" Ana I. Bernal Triviño
14.30 h Pausa para xantar
17.00 h "A opinión en procesos xudiciais mediatizados" Elisa Beni
17.45 h "Economía na opinión. A fin do mundo tal e como o coñecemos" Marta García Aller
18.30 h Descanso
19.00 h "Sobrevivir escribindo opinión. O oficio de freelance" Diana López, Emma Gascó, Anita Botwin e Ana I. Bernal Triviño
20.00 h "A opinión máis alá da actualidade. A lixeireza" Rosa Montero (entrevista Susana Pedreira)
21:00 h Despedida

Sábado 3 de marzo

10.30 h Benvida. Ana Pardo de Vera
11.00 h "Opinión na contraportada. A páxina máis cobizada" Fernanda Tabarés
11.45 h "Escritoras que opinan. Do libro á prensa" Inma López Silva 
12.30 h Pausa
13.00 h "Hiperconectadas: a opinión en tempos de millenials" Lucía Taboada
13.45 h "A opinión desde o eu. Do blog á prensa" Diana López Varela
14.30 h Pausa para xantar
16.30 h "Opinión ilustrada. Mulleres que debuxan pensamentos" Emma Gascó
17.15 h "Escribir con dor. A diversidade funcional na axenda mediática" Anita Botwin
18.00 h "Dentadas e tacóns. Mulleres opinando sobre sexo" Celia Blanco
18.45 h Descanso
19.00 h "A maternidade na opinión mediática. Mulleres saíndo do lado escuro" María Varela, Fernanda Tabarés, Inma López Silva e Celia Blanco
20.15 h "Mulleres que dirixen medios. Rompendo teitos de cristal" Ana Pardo de Vera (entrevista María Obelleiro)

Programa completo (pdf)

Última modificación: mércores, 07 marzo 2018

Vídeos

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'Dentadas e tacóns. Mulleres opinando sobre sexo' por Celia Blanco

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan:Coloquio 'A maternidade na opinión mediática. Mulleres saíndo do lado escuro'

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'Mulleres que dirixen medios. Rompendo teitos de cristal' por Ana Pardo de Vera

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'A opinión desde o eu. Do blog á prensa' por Diana López Varela

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'Hiperconectadas: a opinión en tempos de millenials' por Lucía Taboada

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'Escritoras que opinan. Do libro á prensa' por Inma López Silva

  • 03/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'Opinión na contraportada. A páxina máis cobizada' por Fernanda Taberés

  • 02/03/2018  #MulleresQueOpinan: coloquio 'Sobrevivir escribindo opinión. O oficio de freelance'

  • 02/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'Economía na opinión. A fin do mundo tal e como o coñecemos' por Marta García

  • 02/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'A opinión en procesos xudiciais mediatizados' por Elisa Beni

  • 02/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'O perigo de opinar sendo muller. O acoso machista en redes' por Ana Bernal

  • 02/03/2018  #MulleresQueOpinan: 'A opinión nos medios locais' por María Varela

02-03-3018 Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas