Escola de Igualdade María Vinyals

Escola de Igualdade María Vinyals

A Escola de Igualdade María Vinyals nace coa firme intención de mellorar o coñecemento do que é e do que significa a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, desde unha perspectiva transversal, integrándoa non só no coñecemento profesional senón tamén no enriquecemento persoal.

OBXECTIVO XERAL

Crear un espazo no que se imparta formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e que sexa un lugar de encontro e intercambio de saber para os equipos de profesionais que traballan na loita contra a violencia machista e na procura da igualdade efectiva.

Nesta Escola, a través de seminarios, congresos e charlas, entre outras actividades, daráselle cobertura formativa a todo o persoal profesional da provincia que desenvolva a súa actividade en prol da igualdade, rexeitando calquera manifestación de violencia contra as mulleres ou que produza calquera tipo de desigualdade.

PERSOAS DESTINATARIAS

Preferentemente o persoal técnico da Administración local, as e os profesionais que traballan na loita contra a violencia machista e as mulleres electas que desenvolven o seu labor na provincia de Pontevedra.

Última modificación: luns, 24 xullo 2017