Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Rosa Montero

Rosa Montero

(Madrid, 1951). Xornalista e escritora. Estudou Xornalismo e Psicoloxía. Colaborou con grupos de teatro independente coma Canon ou Tábano, ao tempo que comezaba a publicar en diversos medios informativos (Fotogramas, Pueblo, Posible).

Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical durante 1980 e 1981.

En 1978 gañou o Premio Mundo de Entrevistas, en 1980 o Premio Nacional de Periodismo para reportaxes e artigos literarios e en 2005 o Premio da Asociación da Prensa de Madrid a toda unha vida profesional.

Publicou as novelas Crónica del desamor (1979); La función Delta (1981); Te trataré como a una reina (1983); Amado amo (1988); Temblor (1990); Bella y oscura (1993); La hija del caníbal, Premio Primavera de Novela en 1997; El corazón del Tártaro (2001); La loca de la casa (2003), Premio Qué Leer 2004 ao mellor libro do ano, premio Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia en 2005, premio Roman Primeur 2006, Francia, e Grand Prix Littéraire de Saint-Emilion, Pomerol, Fronsac (2005-2006); Historia del rey transparente (2005), Premio Qué Leer 2005 ao mellor libro do ano e Premio Mandarache 2007; Instrucciones para salvar el mundo (2008), premio dos lectores do Festival de Literaturas Europeas de Cognac, Francia (2011); Lágrimas en la lluvia (marzo de 2011); Lágrimas en la lluvia. Cómic (outubro de 2011), Premio ao Mellor Cómic 2011 por votación popular no Salón Internacional do Cómic de Barcelona; La ridícula idea de no volver a verte (marzo de 2013), Premio da Crítica de Madrid (2014) e Premio do Libro na categoría de novela estranxeira da Biblioteca de Le Plessis-Robinson; e El peso del corazón (2015).

Tamén publicou o libro de relatos Amantes y enemigos, Premio Círculo de Críticos de Chile 1999, e dous ensaios biográficos, Historias de mujeres e Pasiones, así como contos infantís e recompilacións de entrevistas e artigos.

O seu último libro publicado é La carne (Alfaguara, 2016).

A súa obra foi traducida a máis de vinte idiomas, é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Porto Rico e Premio Internacional Columnistas do Mundo 2014.

En 2017 foi galardoada co Premio Nacional das Letras, concedido polo Ministerio de Cultura.

Web: www.rosamontero.es

Twitter: @BrunaHusky