María Obelleiro Hermida
(Soutomaior, 1985). Xornalista especialista en igualdade, é directora do semanario Sermos Galiza, gañadora do XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo.
Licenciada en xornalismo pola USC, Máster en Protocolo e Máster de Formación do Profesorado, cursa na actualidade o Grao de Educación Primaria.
Colabora nos faladoiros de actualidade política de Correo TV e foi colaboradora nos faladoiros de actualidade política do programa Galicia por diante, da Radio Galega.
Twitter: @MObelleiro