Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Ana Pardo de Vera

(Lugo, 1974). É licenciada en Filoloxía Hispánica, cun máster en Medios de Comunicación e estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED.

Durante a súa etapa profesional participou na fundación do diario Público, en 2007, e asumiu a súa dirección en 2016. Ata entón traballou como correspondente política, ademais de colaborar con varias radios e televisións, coma Telecinco, Onda Cero, Cuatro, Telemadrid e EITB.

Pardo de Vera tamén traballou en medios locais (diario Sur de Málaga), autonómicos (La Voz de Galicia) ou nacionais (Diario 16, Tiempo ou El Siglo), entre outros, e foi asesora de comunicación en varios ministerios durante a etapa do Goberno de Zapatero: Defensa; Industria, Enerxía e Turismo; e Vicepresidencia de Política Territorial.

É autora do libro En la maleta de Zapatero (Libros.com), sobre as súas viaxes co ex-presidente e a política exterior do PSOE neses anos.

Twitter: @pardodevera