Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Celia Blanco

Celia Blanco

(Madrid, 1973). Xornalista durante máis de 20 anos en televisión, pasou por TVE, Antena 3, Telecinco, Telemadrid e La Sexta.

Fíxose popular por entrevistar a Julián Muñoz, por retransmitir as cabalgatas de reis ou polas súas reportaxes sobre a prostitución.

En 2010 abriu o blog "Cuando dejamos de soñar con ser princesas", que se convertiría en libro uns anos despois: Con dos tacones (La Esfera de los Libros). Nel relataba as fantasías sexuais dun nutrido número de mulleres e de aí xurdiu Contigo dentro, o programa que dirixe e presenta na Cadena SER, que reúne 391.000 oíntes os domingos de madrugada, segundo o último Estudo Xeral de Medios. O programa aborda cada semana, con naturalidade e sen disimulos, temas ao redor da sexualidade, coma as relacións abertas, o fetichismo ou os xogos sexuais.

Colabora con El País no blog #LASCOSASDELATANA

Twitter: @Latanace