Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

María Varela

María Varela

(Lugo, 1974). Estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela e cursou estudos de Xornalismo na USC e na UNED.

Xornalista vocacional, tivo a súa primeira oportunidade en Radio Televisión Terras de Lemos. Posteriormente traballou en radio, en Radio Voz e Onda Cero, e en prensa escrita, en La Voz de Galicia.

En 2000 incorporouse a Diario de Pontevedra, no que actualmente é redactora xefa. É columnista en Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. Recibiu o XIV Premio de Xornalismo  Francisco Fernández del Riego 2016 polo texto Cóxegas e tortas, publicado en Diario de Pontevedra o 29 de abril de 2016. No artigo a autora debulla os pormenores da maternidade e reflexiona sobre a confluencia de dous sentimentos opostos: o egoísmo e o altruísmo, que se reproducen nesta situación.

Twitter: @meri_varela