Noticias

Meis recibe 20.000 Euros do Plan Concellos para melloras na seguridade viaria

O grao de execución en Meis sitúase arredor do 41%, o que supón un investimento na vila de 177.392,16 €


22 xul 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha nova achega ao concello de Meis por importe de 20.000 € que a vila destinará a unha mellora da seguridade vial no núcleo urbano do Mosteiro. Esta partida do Plan Concellos 2016 vén enmarcada dentro da súa primeira liña, aquela dedicada a investimentos.

Anteriormente, o concello do Salnés xa recibira 65.241,35 € en liña 2 destinados ao pago de gastos correntes, 16.310,33 € en liña 3 –actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais– para financiar o Certame de Bandas 2016, a contratación dos grupos musicais que participaron nas Festas de San Bieito, a Maratón Popular de Meis e a promoción e a difusión da Festa dos Callos e, en último lugar, 75.840,48 € en liña 4 para a creación de oito postos de traballo nos servizos municipais de Meis.

No que levamos de 2016, o Goberno provincial xa leva entregado o 40,8% do total destinado a Meis ao abeiro do Plan Concellos, situando neste momento o investimento na vila en 177.392,16 €.