Noticias

Meis recibe preto de 100.000 € ao abeiro do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra para facer fronte a diversos investimentos na vila

Cunha achega superior aos 400.000 €, a institución provincial xa leva entregado o 92,87% do importe total de Meis dentro do Plan Concellos


22 xullo 2017
PLan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, unha nova achega ao concello de Meis ao abeiro da liña 1 de investimentos do "Plan Concellos 2017. Con estas axudas de 97.397,27 euros o concello de Meis poderá realizar obras na rede de saneamento en Cabeza de Boi e  poderá mellorar e ampliar os camiños municipais nas parroquias de Meis, Nogueira, Paradela e Armenteira.

A maiores, anteriormente a institución provincial xa destinara ao concello de Meis outros 165.806,77 euros en liña 1 para a subministración dun tractor, de equipamento deportivo e de maquinaria para roza e poda, realizar obras na rede de saneamento e para a reposición de firmes no lugar de Pompeán e facer fronte á adquisición dunha desbrozadora de brazo, dun vehículo 4x4 e tamén de mobiliario para a Casa de Escudeiro; outros 71.300,17 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes e, por último, 106.950,25 € na liña 3 de emprego para a creación de 10 postos de traballo que garantirán o desenvolvemento dos distintos servizos municipais desta vila.

Coa suma destas novas achegas, a porcentaxe de adxudicación do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra en Meis xa chega ao 92,87 % do total do investimento. Isto supón que a vila xa dispón de 441.454,47 € dun total de 475.334,46 €.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xul 2016, plan concellos, meis, plan ayuntamientos