Noticias

Case 1.000 mulleres da provincia rematan esta semana accións formativas de "Conectadas"

Os obradoiros de igualdade da Deputación foron desenvolvidos en 28 concellos da provincia


15 decembro 2019
Conectadas

O programa da Deputación de Pontevedra "Conectadas" 2019 leva desde finais do mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Así, durante esta terceira semana de decembro poñerase fin a un total de 54 obradoiros nos que participaron un total de 956 mulleres e que foron realizados nos concellos de Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz, Mos, Nigrán, Oia, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

O mércores 18 remata en Baiona o curso Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, que contou con participantes da Asociación de Amas de Casa de Baiona e en Barro, a Asociación Peñaflor remata o martes o obradoiro Iniciación ó Patchwork. Bueu, acolleu dous cursos, o de Teatro que remata o mércores e contou con inscritas da Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro. O de Risoterapia, ó que acudiron integrantes da Asociación Española Contra el Cáncer, remata o xoves.

En Cambados, integrantes da Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corvillón rematan o xoves o curso Horta Ecolóxica. Tamén rematará en Cangas o obradoiro Xardinería, que contou con participantes da Asociación Cultural O Gato. E participantes da Asociación de Mulleres Rurais Ascuas de Catoira rematan o sábado a acción formativa Iniciación ao Scrapbooking. Na Estrada finalizan catro cursos do programa "Conectadas". Deste xeito, remata o 16 de decembro Cociña e alimentación. Hábitos saudables", que contou con mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela. O mesmo obradoiro tamén se desenvolveu con integrantes da Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois, sendo a data de finalización deste curso o mércores 18. O 20 de decembro, mulleres da Asociación de Veciños de Frades rematarán Mantemento do Fogar e Xestión Doméstica. Por último, o día 17 rematará Xardinería, que contou con integrantes da Asociación de Consumidores y Amas de Casa da Estrada.

En Gondomar, veciñas da Asociación Veciñal Ponte de Mañufe participaron no obradoiro Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais, que rematará o martes.

En Marín, mulleres da Asociación Intercambio do Saber rematarán o 20 de decembro Risoterapia, mentres que outras darán por finalizado o día 19 o obradoiro Mindfulness. En Meis, a Asociación de Mulleres Rurais Nogueira rematarán a acción formativa Horta Ecolóxica. Tamén en Meis, persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Marco de San Salvador finalizan Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais. A Asociación Cultural Cantareiras Pedraquetiña de Toutón rematará en Mondariz o obradoiro Pilates o día 19. O mesmo obradoiro rematará tamén o día 18 para mulleres da Asociación Recreativa e Cultural de Guizán, en Mos, e o día 19 a Asociación Centro Cultural Recreativo Parada, en Nigrán. Alí tamén remata o mércores o curso Alfabetización Dixital II: Internet, Correo Electrónico, Manexo da Tableta.

En Oia fechan dous obradoiros: Iniciación á Costura, e Xardinería. En Ponteareas, son cinco os cursos que rematan esta semana: Risoterapia, que remata o luns; Pilates, que remata o xoves; Iniciación ao Patchwork, que tamén remata o luns 16; Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais, que finaliza o venres; e, finalmente, Iniciación á Costura, cuxa data de finalización é o mércores 18. En Pontevedra fechan os obradoiros Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, e Artesanía en Coiro; No Porriño, mulleres do Círculo Recreativo Cultural finalizan o xoves a acción formativa Ioga. Ademais, en Redondela rematan os cursos Horta Ecolóxica, e Relaxación e Manexo do Estrés, no que participaron mulleres da Confraría de Pescadores San Xoán.

En Salceda de Caselas rematará o xoves 19 o obradoiro Coidados, Dependencia II, impartido a mulleres da Asociación de Veciños Caselas. Así, en Sanxenxo finalizarán tres cursos: Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables; Conservación de Alimentos. Conservas Artesanais; e, por último, Alfabetización Dixital II: Internet, Correo Electrónico, Manexo da Tableta, que rematará o xoves. En Silleda fecharanse tamén tres cursos: Alfabetización Dixital II: Internet, Correo Electrónico, Manexo da Tableta, que rematará o 21, e Ximnasia de Mantemento, que tivo dúas edicións, unha que rematará o mércores 18 e que contou coa presenza de mulleres da Asociación Veciñal Cultural de Cortegada e outra que finalizará o luns 16 e que contou con mulleres da Asociación de Dornelas. Ademais, mulleres da Asociación Cultural San Fins de Rebordans, en Tui, finalizan o xoves 19 o curso Fotografía. Edición.

Así, en Vigo rematarán durante a semana seis cursos impartidos a 110 mulleres dentro do programa "Conectadas". Estes obradoiros foron Pintura, que contou con persoas do Centro Recreativo y Cultural de Cabral e que rematará o martes 17; Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, que rematará o martes 17 e contou coa presenza de integrantes da Asociación de Vecinos del Barrio de la Feria; Ximnasia de Mantemento, que finaliza o mércores 18 con participantes da Asociación de Vecinos San Roque; Cociña e alimentación. Hábitos Saudables, impartido a persoas da Asociación Veciñal Cultural Recreativa San Mamede de Zamáns e a mulleres da Asociación Lúa de Bembrive; e, finalmente, Sendeirismo, coa Asociación Nós Mesmas.

Por outra banda, integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Brincadeira, en Vila de Cruces, finalizan o luns 16 o obradoiro Pilates. Ademais, en Vilaboa remata o mércores 18, Iniciación á Costura, que contou con participantes da Asociación de Mulleres Rurais Boa Vila, e tamén Iniciación ao Parchwork, ao que acudiron mulleres da Asociación de Vecinos Santa Cristina. Por último, en Vilagarcía de Arousa rematarán dúas accións formativas durante a semana. A primeira delas, Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais, finaliza o mércores 18 de decembro e contou coa presenza de persoas integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa. A segunda, Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, fecharase o venres 20 de decembro e contou con mulleres da Asociación O Magnolio. Finalmente, o día 18 rematará ese obradoiro para 17 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo Vilanova, no concello de Vilanova de Arousa.

"Conectadas" 2019 é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Ademais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.