Noticias

Case 500 mulleres rematan esta próxima semana obradoiros de "Conectadas" 2019

A finalidade do programa de igualdade da Deputación é mellorar a formación das mulleres para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias


08 decembro 2019
Conectadas

O programa da Deputación de Pontevedra "Conectadas" 2019 leva desde a fin do mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a apoderar as mulleres da provincia mediante a formación. Durante a segunda semana de decembro rematarán un total de 27 obradoiros nos que estaban a participar 497 mulleres. Estes cursos realizáronse nos concellos de Arbo, Caldas de Reis, Covelo, Dozón, A Estrada, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Meis, Mos, Oia, Pontevedra, Portas, Rodeiro e Vigo.

Deste xeito, este luns 9 de decembro clausuraranse catro cursos. Serán o de Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, na Estrada; o de Reciclaxe. Medio Ambiente, ao que acudiron mulleres de Lalín; e os dous de Alfabetización Dixital II: Internet, Correo Electrónico..., con participantes de Pontevedra e de Meis. Por outra banda, o martes 10 de decembro finalizará o obradoiro de Coidar Coidándonos, impartido a veciñas de Marín.

O mércores 15 de decembro rematará o curso de Teatro que estaba a ter lugar no Grove, e na Guarda finalizará o de Coidados, Dependencia II. Do mesmo xeito, en Lalín clausurarase o obradoiro de Poda e Tarefas do Campo desde a Sustentabilidade. En Vigo rematarán un total de catro cursos: Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, Risoterapia, Iniciación á Costura e Mindfulness.

O xoves 12 de decembro un total de sete obradoiros chegarán ao seu fin. Serán os de Pintura, que estaba a ser impartido a veciñas de Arbo; Risoterapia, en Covelo; e Reciclaxe. Medio Ambiente, ao que acudían mulleres de Dozón. Ademais, rematarán os cursos de Relaxación e Manexo do Estrés: Momentos en Calma, que estaba a ser impartido en Marín; Ximnasia de Mantemento, ao que acudían veciñas de Portas; e dous obradoiros de Pilates, un en Marín e outro en Pontevedra.

O venres 13 de decembro clausuraranse tres cursos de "Conectadas" 2019. Un deles ensinaba Artesanía en Coiro a veciñas de Caldas de Reis, outro ensinaba Risoterapia a mulleres de Rodeiro, e o último xiraba en torno á Cociña e Alimentación. Hábitos Saudables, na Estrada.

O sábado 14 rematará o curso de Musicoterapia, no que participaban veciñas de Lalín; o de Iniciación ao Patchwork, ao que acudían mulleres de Mos; o de Iniciación á Costura, en Oia; e un curso de Sendeirismo para veciñas da Estrada. Por outra banda, o domingo 15 de decembro tamén rematará outro curso de Sendeirismo impartido a mulleres de Vigo.

"Conectadas" 2019 é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar as mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Ademais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias e contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital.  O programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción e o desenvolvemento das mulleres, o apoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.