Noticias

Tui recibe unha nova achega da Deputación de preto de 60.000 euros a través do Plan Concellos 2017

A subvención permitirá a adquisición de equipamento para a policía local, sotfware informático, unha pantalla dixital e a sinalización con semáforos


17 maio 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Tui de preto de 60.000 euros, enmarcada na liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2017. A axuda, que ascende aos 59.876,67 €, servirá para a adquisición de software informático, dun mupi dixital e para a mellora de sinalización viaria entre a rúa da Calzada e a avenida da Concordia.

En concreto, 11.495,00 € destinaranse á adquisición dunha motocicleta para a policía municipal, 5.125,56 € para a compra dun sonómetro, 9.975 € para un equipo de medición e software asociado, 12.378,12 para a financiación dun soporte publicitario con pantalla dixital para información turística, e 20.902,99 € para a colocación dun semáforo na intersección entre a rúa da Calzada e a avenida da Concordia.

Xunto con estas axudas, Tui leva recibido neste 2017 a través do Plan Concellos 85.444,40 € para o acondicionamento dos xardíns de Troncoso, 60.795,75 € para a mellora de pavimentación que une os núcleos das Chans con Circos, 60.352,22 € para o subministro de material e software informático, 4.893,16 € para o campamento de verán, 9.000,01 € para a Cabalgata de Reis, 3.000 € para o Entroido e 3.458,69 € para a intervención na ponte de Mosteiro en Pexegueiro e 230.670,30 € para a contratación de 23 persoas.

Así, o Concello de Tui leva recibidos neste 2017 un total de 517.491, 20 €, o que supón o 51,56 % do total previsto para este concello no 2017, 1.003.489,37 €.