Noticias

O Plan Concellos 2016 aporta 35.000 € a Tui para o mantemento do centro municipal de remo

Xa se entregou o 39,5% do total destinado a Tui dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 375.999,64 €


21 jun 2016

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega do Plan Concellos 2016 ao concello de Tui. Dentro da liña 1, aquela destinada aos investimentos, Tui recibirá case 35.000 €, 34.822,38 € concretamente, para realizar diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas ao abeiro do Plan Concellos, que destinou 127.372,26 € na liña 1 á adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello e na restauración do palco da música no Cantón de Diomedes, así como  213.805 € na liña 4 –emprego– para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o Plan Concellos  xa entregou o 39,48% do total destinado a Tui, situando neste momento o investimento na vila en 375.999,64 €.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

18 julio 2017, tui, plan concellos 2017, emisores térmicos