Noticias

O Plan Concellos 2016 achega preto de 130.000 € para dúas actuacións no concello de Tui

O goberno provincial entregou xa o 39,5% do total destinado a Tui dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 375.999,64 €


5 xun 2016

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno dúas axudas por valor de 127.372,26 € ao concello de Tui dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016: 62.788,51 € para a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, e outros 64.583,75 € para a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes.

Ademais destas dúas actuacións, o Plan Concellos xa destinou no concello da comarca do Baixo Miño outros 34.822,38 €, tamén na liña 1, para diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo e, finalmente, 213.805 € na liña 4 –emprego– para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

Nestes primeiros cinco meses de 2016, a Deputación provincial xa entregou o 39,48% do total destinado a Tui dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 375.999,64 €.


Novas relacionadas