Noticias

#COVID-19 O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación, SmartPeme, pon en marcha outros sete obradoiros online

Entre o 4 e o 8 de maio estarán dispoñibles cursos sobre fotografía, boas prácticas nas redes sociais ou Inbound Marketing


03 maio 2020

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta primeira semana de maio sete novas accións formativas impartidas de xeito online. Debido ao suspenso das actividades presenciais, estase a desenvolver unha carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais ou blogues, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Deste xeito, este luns 4 de maio realizarase un curso de "Fotografía gastronómica co teléfono móbil", impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. O martes 5 de maio terán lugar dous cursos: un de "Facebook Ads", que contará con Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, e outro que consistirá nunha "Guía de boas prácticas para redes sociais", por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. O mércores 6, SmartPeme ten programado un curso sobre "Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico", con Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña.

O xoves 7 de maio terán lugar dous obradoiros. O primeiro deles, titulado "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest", será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, mentres que o segundo, "Marketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia", contará con Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. Por último, o venres 8 de maio realizarase un curso de Inbound Marketing co enxeñeiro informático José Luis Taboada.

Vídeos