Noticias

#COVID-19 SmartPeme pon en marcha esta vindeira semana outros sete obradoiros online

Ata o 12 de xuño o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre modelos de negocio, Google Analytics ou debuxo 3D


07 xuño 2020

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta a segunda semana de xuño sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Máis polo miúdo, este luns 8 de xuño o enxeñeiro informático José Luis Taboada falará sobre as "Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio". Para o martes 9 de xuño SmartPeme ten programados dos talleres. O primeiro deles titúlase "Edita as túas fotografías co teu teléfono móbil: Snapseed" e estará coordinado por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, mentres que o segundo, baixo o título de "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing", contará con Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.

Será o mércores 10 cando Mariana Rosa, técnica superior en Axencias de viaxes e xestión de eventos, verse sobre "Redes sociais para establecementos turísticos". O mesmo día tamén se realizará un obradoiro sobre "Google Analytics para a toma de decisións" da man de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais. Chegados ao xoves 11 María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, tratará o uso de "LinkedIn para empresas". Por último, o venres 12 o experto universitario en robótica Manuel Freire levará a cabo un taller sobre "Debuxo 3D con Onshape IV".