Noticias

O programa da Deputación "Depo en marcha" 2019 inicia esta próxima semana dezaseis novos obradoiros na provincia de Pontevedra

Preto de 300 persoas maiores participarán en distintos obradoiros en Vigo, Lalín, Salceda de Caselas, Silleda, Tui, Mos, Barro, Sanxenxo, O Grove, Ponteareas e Caldas de Reis


07 setembro 2019
Depo en Marcha

Ao longo da vindeira semana un total de 292 persoas comezarán na provincia dezaseis novos obradoiros enmarcados no programa "Depo en marcha" 2019. Os obradoiros iniciaranse nos municipios de Vigo, Lalín, Salceda de Caselas, Silleda, Tui, Mos, Barro, Sanxenxo, O Grove, Ponteareas e Caldas de Reis.

Máis polo miúdo, en Vigo, a Asociación da Terceira Idade Nevox comeza o luns 9 de setembro un curso de Risoterapia, no que van participar 20 persoas todos os luns de 18 a 20 horas. Tamén o luns, a Asociación Amigos de Los Pazos comeza o obradoiro Conservando a Memoria, ao que van asistir 16 persoas, os luns de 17 a 19 horas. Pola súa banda, a partir do martes 10, a Asociación de Veciños de Beade (AVCU-CSCR) organiza tamén o obradoiro Conservando a Memoria, no que están inscritas 19 persoas, e que terá lugar os martes de 17 a 19 horas. Ademais, tamén o martes 10, a Asociación Fibromiálgica de Pontevedra comeza un curso de Aerodance, no que van participar 16 persoas os martes e xoves, de 17 a 18 horas. Por último, o xoves 12, a Asociación da Terceira Idade Garatuxa das Nosas Rúas comeza un obradoiro de Cestería, ao que van asistir 20 persoas todos os xoves de 17 a 19 horas

Por outra banda, en Lalín, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Moneixas, a partir do venres 13, organiza un obradoiro de Ximnasia de Mantemento, no que están inscritas 17 persoas, e que terá lugar os martes e venres, de 20 a 21:30 horas.

En Salceda de Caselas, a partir do martes 10, a Asociación de Veciños de San Xurxo-Salceda comeza un curso de Bailes de Salón, no que van participar 19 persoas todos os martes e xoves, de 20 a 21 horas. Tamén, a Asociación de Veciños e Veciñas Ameixoa organiza, a partir do mércores 11, unha actividade de Pilates, ao que van asistir 25 persoas os luns e mércores, de 21:30 a 22:30 horas.

No que respecta a Silleda, a Asociación de Veciños Parroquia de Laro comeza o martes 10, un curso de Pilates, no que están inscritas 21 persoas, e que terá lugar os martes e xoves, de 16:30 a 17:30 horas.

En Tui, a partir do luns 9, a Coral Centro Social de Tui organiza unha actividade de Bailes de Salón, na que van participar 18 persoas os luns e venres, de 19:15 a 20:15 horas.

Pola súa banda, en Mos, a Asociación Recreativa e Cultural de Guizán iniciará, a partir do martes 10, o obradoiro Conservando a Memoria, ao que asistirán 15 persoas os martes, de 17 a 19 horas.

No caso de Barro, a partir do martes 10, a Asociación Peñaflor comeza un curso de Pandeireta e Canto Popular, no que van participar 17 persoas todos os martes, de 19 a 21 horas.

En Sanxenxo, o Club de Jubilados e Pensionistas de Portonovo, a partir do mércores 11, organiza un obradoiro de Tapiñas e Petiscos, no que están inscritas 17 persoas, e que terá lugar os martes de 19:30 a 22 horas.

No que respecta ao Grove, a partir do xoves 12, a Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa iniciará o obradoiro Traballos Manuais Variados, ao que asistirán 15 persoas os xoves, de 19:30 a 22:00 horas.

En Ponteareas, a Asociación Casa Cultural Antorcha organiza, a partir do sábado 14, un obradoiro de Restauración de Mobles e Tapicería, no que están inscritas 15 persoas e que terá lugar os sábados, de 17 a 20 horas.

Por último, en Caldas de Reis, a Asociación Veciñal Vía XIX de Caldas de Reis comeza o xoves 12 un curso de Cociña Galega, no que van participar 22 persoas todos os xoves, de 21 a 23:30 horas.

O programa "Depo en marcha" 2019 espalla pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas "Traballando coas mans", "Entre fogóns", "Aprendendo da natureza", "Móvete", "Activando corpo e mente", "Enredando", "Dálle marcha" e "En rede". Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade. Este ano, a empresa Xestión Cultural Áurea, S. L. é a encargada de xestionar o programa, que conta cun orzamento de 156.000 euros.