Noticias

O Plan Concellos destina 11.000 € ao amoblamento da biblioteca pública municipal de Mondariz

Xa se entregou o 92% do total destinado a Mondariz dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 427.390,70 €


22 jun 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de achegar a cantidade de 10.737,91 euros ao concello de Mondariz con destino ao amoblamento da súa biblioteca pública municipal. Faino ao abeiro do Plan Concellos 2016, concretamente na súa liña dedicada a investimentos –a liña 1–.

No que levamos de 2016, xa se entregou o 92,2% do total destinado a Mondariz dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 427.390,70 €.