Noticias

Mondariz-Balneario recibe 30.000 euros do Plan Concellos 2017 para melloras na rúa Javier Solano

A institución provincial leva entregado o 73 % do total destinado a Mondariz-Balneario dentro do plan, cun investimento superior aos 180.000 euros


17 maio 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Mondariz-Balneario no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 28.892,81 € para a segunda fase da mellora das infraestruturas da rúa Javier Solano. Estas obras consistirán na renovación da capa de rodaxe cunha reparación do firme con aglomerado, a mellora da iluminación instalando farois con luminarias LED e a colocación de mobiliario urbano cunha fonte de granito e papeleiras de fundición.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Mondariz-Balneario 96.469,21 € na liña 1 para impulsar o proxecto de zona verde no entorno do Gran Hotel da localidade, para o acondicionamento ambiental da contorna do paseo de Troncoso e a rehabilitación da praza de Abastos. Ademais, 1.823,64 € na liña 2 para o financiamento dunha actividade de cinema na rúa e outros 54.614,88 euros para a contratación de 12 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da localidade, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Coa suma desta nova achega, Mondariz-Balneario xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 72,8 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 182.571,53 € dun total de preto de 251.000 €.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xuñ 2016, cultura, servicios cultura, mondariz, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, plan