Noticias

O goberno de Carmela Silva pecha o 100% do Plan Concellos 2017 en Mondariz

A Deputación aproba novos investimentos na vila por valor de 39.000 € que completan os 502.740,49 euros que lle corresponden do Plan Concellos 2017


14 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución Presidencial novas achegas ao Concello de Mondariz, no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de investimentos, que completan a totalidade de recursos que lle corresponden á vila este ano no marco desta iniciativa da institución provincial. Nesta ocasión, o goberno de Carmela Silva achegará 39.000€ para a adquisición de paneis para información xeral nas parroquias da vila,  para a merca de contadores de auga para os depósitos municipais, para mellorar camiños municipais en Lougares, Vilasobroso e Toutón así como para investir na sala de caldeiras de biomasa para a Escola de Música de Mondariz.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Mondariz outros 333.252,79 € na liña 1 para o entarimado do palco municipal, para obras de reparación na escola de Redo de Vilar, para a adquisición de equipamentos informáticos e a creación de dependencias para protección civil e policía local, para intervir na mellora da accesibilidade e seguranza viaria nas rúas do Grupos Escolar e Merouces, para unha cámara negra no auditorio do Centro Social, para o abastecemento en Vilar e a pavimentación de camiños nas parroquias de Gargamala e Sabaxáns, para mobiliario e equipamento para axuda no fogar, para a mellora do camiño de Casares, para o deseño e instalación dun quiosco de madeira na praia fluvial do Ceo así como para a mellora da praza de abastos da vila. Á marxe da liña 1, a Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar a Mondariz outros 16.810 €, na liña 2, para a feira dos oficios artesáns e a do pan, para a festa gastronómica da Carne Arreghlada, para as festas infantís con inchables e para os programas "Primavera e son" e "Cine de verán na rúa". Amdeais, Mondariz investiu tamén 113.116,61 euros da liña 3 do Plan Concellos 2017, na contratación de 16 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.

Coa suma desta nova achega, Mondariz xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 100% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 502.740,49 €.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xuñ 2016, cultura, servicios cultura, mondariz, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, plan