Noticias

Mondariz Balneario recibe 51.000 € do Plan Concellos para mellorar o paseo de Troncoso

O grao de execución do Plan Concellos na vila é do 60,8%, o que sitúa o investimento na vila ata o de agora en 174.140,41€


24 xul 2016

O Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de achegar a cantidade de 51.403 € ao concello de Mondariz-Balneario para a realización de melloras no paseo de Troncoso, ao abeiro da liña 1 (investimentos) do mesmo.

As demais axudas recibidas pola vila dentro do Plan Concellos son as seguintes: na liña 1, 57.480,67 € por mor das renovacións do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador e da estrada PO-254 á altura da rúa Constitución. Na liña 3, 6.269,42 € que financian o Campionato de Fútbol Sala, a actividade "Cine na Rúa", o Torneo de Golf e a peregrinación ao santuario da Franqueira. E no último lugar, á liña 4 de emprego se lle destinaron 58.987,32 € para a contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas funcións nos servizos municipais.

No que levamos de 2016,xa se entregou o 60,75% do total destinado a Mondariz-Balneario dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 174.140,41 €.