Noticias

Mondariz-Balneario recibe 9.000 euros do Plan Concellos 2017 que destinará á rehabilitación da praza de abastos da vila

A institución provincial leva entregado o 61 % do total destinado a Mondariz-Balneario dentro do Plan, cun investimento superior aos 150.000 €


13 maio 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Mondariz-Balneario no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión a institución provincial achegará a cantidade de 8.235,02 euros con destino ao financiamento da rehabilitación da praza de abastos.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Mondariz-Balneario 88.234,19 € na liña 1 para impulsar o proxecto de zona verde na contorna do Gran Hotel da vila e para o acondicionamento ambiental da contorna do paseo de Troncoso. Ademais, 1.823,64 €, na liña 2, para o financiamento dunha actividade de cinema na rúa e outros 54.614,88 euros para a contratación de 12 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da localidade, a través da liña 3 de Emprego do Plan.

Coa suma desta nova achega, Mondariz-Balneario xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 61,3 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 153.678,72 € dun total de preto de 251.000 €.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xuñ 2016, cultura, servicios cultura, mondariz, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, plan