Mulleres que opinan son perigosas

Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019

Teatro Principal de Pontevedra
Venres 1 e sábado 2 de marzo de 2019

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais, nos que as firmas son un 80 % masculinas, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais.

A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos.

Por segundo ano consecutivo, deseñamos un foro que reúne esas mulleres, de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e a escritura, que reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

As quince convidadas suman case medio millón de seguidoras e seguidores en Twitter, unha audiencia á que chegaremos desde Pontevedra a través das súas intervencións no Teatro Principal.

Para máis información contacta coa organización nos teléfonos  986101323/669459453

PROGRAMA

Venres 1 de marzo

11:00 h Inauguración: as xornalistas Diana López e Susana Pedreira conversan coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
11:30 h Chus Gómez "A opinión na prensa local"
12:15 h Lorena G. Maldonado "A polémica está servida. Crítica cultural e televisiva"
13:00 h M.ª Xosé Porteiro "A habitación propia dunha pioneira"
13:45 h Gemma Herrero "Mulleres falando de pelotas: opinión deportiva"
14:30 h Pausa para xantar
17:00 h Carmen Magdaleno "Opinión en redes. De retuits e favs"
17:45 h Ana Requena Aguilar "Novas responsabilidades nas redaccións: xefa de xénero"
18:30 h Descanso
19:00 h Ana Romaní "Promovendo a opinión cultural. Feminismo crítico e compromiso social desde a comunicación cultural"
19:45 h Pepa Bueno "A muller que manda na radio matinal de España"
20:45 h Despedida

Sábado 2 de marzo

10:30 h Benvida: "Un ano despois. Como cambiamos desde o pasado 8-M?"
11:00 h Irene Bascoy "Opinión para a análise política na prensa galega"
11:45 h Lucía Mbomio "Opinión e xornalismo para entender a complexidade, circunstancias e vida das mulleres negras"
12:30 h Tati Moyano e Tareixa Navaza "Xornalistas en defensa dos medios públicos"
13:15 h Towanda Rebels "Opinión multimedia. Risa e ironía contra privilexios"
14:30 h Pausa para xantar
16:30 h Presentación do colectivo de xornalistas galegas "En defensa dun xornalismo con perspectiva feminista"
17:00 h Marta Sanz "Opinando desde o feminismo. Novas linguaxes"
17:45 h Despedida

Programa completo (pdf) 

Última modificación: xoves, 14 febreiro 2019

Vídeos

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Inauguración

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Chus Gómez

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Lorena Maldonado

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - MX Porteiro

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Gemma Herrero

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Carmen Magdaleno

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Ana Romaní

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Pepa Bueno

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Un Ano Despois

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Irene Bascoy

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Lucía Mbomio

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Tati Moyano

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Towanda Rebels

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Presentación Colectivo

  • 03/03/2019  Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019 - Marta Sanz Despedida

  • /escola-de-igualdade-maria-vinyals/
  • http://igualdade.pontevedra.gal/cim/
  • http://www.pontevedra.gal/