Renata Otero
![Renata Otero](/documents/1076146/4088344/Renata-Otero.jpg/35dc1abb-9422-483e-9bd2-4e0ee7789ad3?t=1457011794969?t=1457011794969)
Licenciada en Belas Artes, doutora en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona e docente de Arte. Como teórica leva 20 anos impartindo seminarios, obradoiros e conferencias en plataformas culturais diversas coma o CGAC (1998-2008) ou o II Congreso Xénero, Museos, Arte e Migración (Lugo, 2015). Publicou artigos na revista feminista Andaina e é autora da tese Chantal Akerman: estratexias para a autorrepresentación (UB, 2007), dirixida por José Enrique Monterde. Ademais é unha creadora multidisciplinar que traballa a autorreferencia en traballos próximos ao diario, a crónica persoal, o autorretrato e a autobiografía, e desde disciplinas tan diversas coma a pintura, a fotografía, a banda deseñada, o vídeo, a literatura, a performance, a escultura e a instalación.