"Mulleres en acción: Violencia zero" 2019-2020
Tras 85 accións artísticas por toda a provincia, que visibilizaron a case un centenar de artistas e implicaron a milleiros de persoas, o programa "Mulleres en acción: Violencia zero" chega este 25 de novembro á súa 5.ª edición. Catro anos despois, con responsabilidade e emoción, facemos balance e volvemos ás raíces, á semente: a arte contemporánea como axente mobilizador de consciencias.
Empeza dunha forma moi especial: catro das performers máis recoñecidas do panorama nacional, que xa participaron nas anteriores edicións, accionarán xuntas nos actos de apertura de Pontevedra e Vigo. ANA GESTO (Santiago de Compostela), MARÍA MARTICORENA (Carballo), ANA MATEY (Madrid) e ISABEL LEÓN (Granada) realizarán dúas accións colectivas inaugurais para facer unha sorte de homenaxe a todas as artistas que pasaran por este programa e, en definitiva, traballan día a día en prol da igualdade.
Volvemos así ás raíces: a performance. Así mesmo, o programa desenvolverá 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia, e sumará outras disciplinas:
- Poesía e literatura (Nuria Vil e Vanessa Glemel, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas e Lúa Mosquetera)
- Música (Pauliña, Zeltia, Laura LaMontagne, Las Antonias, DJ Russinha e Somdolilá)
- Graffiti (Laura Tova, Iria Prol, Julieta XLF, Alita, María Maquieira, Noemí Núñez e Nana)
- Danza contemporánea (Elahood Dance e Cris Vilariño)
- Acción escénica (Mónica Sueiro, Estíbaliz Veiga, Sheyla Fariña e Diana Sieira, esta última na modalidade de monólogo mesturado con poesía).
Todo un ano visibilizando esta realidade en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, diversos colectivos, corporacións municipais e toda a diversidade de públicos que se poden focalizar nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do apoderamento da muller no eido cultural e artístico.
Esta 5.ª edición supón a consolidación dun programa que, alén da Deputación de Pontevedra, que o promove e organiza, xa é da cidadanía, enche a rúa de reivindicación e activismo e propaga a nosa semente de igualdade.
-
Pan duro (I y II) ANA GESTO, ANA MATEY, MARÍA MARTICORENA E ISABEL LEÓN
Noviembre 2019 - Pontevedra e Vigo - Silvia Penas Decembro 2019 - Lalín
- Estíbaliz Veiga Decembro 2019 - Ponteareas
- Cris Vilariño Xaneiro 2020 - A Cañiza
- Diana Sieira Xaneiro 2020 - Forcarei
- Dúas gamberras e un micro Febreiro 2020 - Crecente
- Rosalía Fernández Rial Febreiro 2020 - Mos
- Somdolilá Marzo 2020 - Redondela
- Sheyla Fariña Marzo 2020 - Cangas
- Laura LaMontagne Xullo 2020 - O Grove
- Elahood Xullo 2020 - Marín
- Pauliña Xullo 2020 - Vilagarcía de Arousa
- Zeltia Xullo 2020 - Gondomar
- Laura Tova Agosto 2020 - Pontecesures
- Las Antonias Agosto 2020 - Cambados
- Russinha Agosto 2020 - Sanxenxo
- Noemí Núñez Agosto 2020 - Mondariz
- Mónica Sueiro Setembro 2020 - O Rosal
- Iria Prol Setembro 2020 - Cercedo-Cotobade
- Julieta XLF Setembro 2020 - O Porriño
- Nana Outubro 2020 - Tui
- Lúa Mosquetera Outubro 2020 - A Guarda
- María Maquieira Outubro 2020 - Meis
- ALITA A. M. A. Novembro 2020 - Moaña
Mulleres en acción Violencia zero 2019-2020
1 - 23 de 23 albumes existentes
- Moaña 06-11-2020
- Meis - 05-11-2020
- A Guarda 26-10-2020
- Tui 23-10-2020
- O Rosal - 24-09-2020
- Cerdedo-Cotobade 02-09-2020
- Sanxenxo 26-08-2020
- Pontecesures 06-08-2020
- Mondariz 05-08-2020
- Cambados 04-08-2020
- O Grove 30-07-2020
- Gondomar 29-07-2020
- Marín 23-07-2020
- Redondela 10-03-2020
- Cangas 09-03-2020
- Crecente 19-02-2020
- Mos 06-02-2020
- Forcarei 29-01-2020
- A Cañiza 28-01-2020
- Ponteareas 09-01-2020
- Lalin 18-12-2019
- Vigo 26-11-2019
- Pontevedra 25-11-2019