"Mulleres en acción: Violencia zero" 2019-2020
Tras 85 accións artísticas por toda a provincia, que visibilizaron a case un centenar de artistas e implicaron a milleiros de persoas, o programa "Mulleres en acción: Violencia zero" chega este 25 de novembro á súa 5.ª edición. Catro anos despois, con responsabilidade e emoción, facemos balance e volvemos ás raíces, á semente: a arte contemporánea como axente mobilizador de consciencias.
Empeza dunha forma moi especial: catro das performers máis recoñecidas do panorama nacional, que xa participaron nas anteriores edicións, accionarán xuntas nos actos de apertura de Pontevedra e Vigo. ANA GESTO (Santiago de Compostela), MARÍA MARTICORENA (Carballo), ANA MATEY (Madrid) e ISABEL LEÓN (Granada) realizarán dúas accións colectivas inaugurais para facer unha sorte de homenaxe a todas as artistas que pasaran por este programa e, en definitiva, traballan día a día en prol da igualdade.
Volvemos así ás raíces: a performance. Así mesmo, o programa desenvolverá 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia, e sumará outras disciplinas:
- Poesía e literatura (Nuria Vil e Vanessa Glemel, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas e Lúa Mosquetera)
- Música (Pauliña, Zeltia, Laura LaMontagne, Las Antonias, DJ Russinha e Somdolilá)
- Graffiti (Laura Tova, Iria Prol, Julieta XLF, Alita, María Maquieira, Noemí Núñez e Nana)
- Danza contemporánea (Elahood Dance e Cris Vilariño)
- Acción escénica (Mónica Sueiro, Estíbaliz Veiga, Sheyla Fariña e Diana Sieira, esta última na modalidade de monólogo mesturado con poesía).
Todo un ano visibilizando esta realidade en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, diversos colectivos, corporacións municipais e toda a diversidade de públicos que se poden focalizar nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do apoderamento da muller no eido cultural e artístico.
Esta 5.ª edición supón a consolidación dun programa que, alén da Deputación de Pontevedra, que o promove e organiza, xa é da cidadanía, enche a rúa de reivindicación e activismo e propaga a nosa semente de igualdade.
-
Pan duro (I y II) ANA GESTO, ANA MATEY, MARÍA MARTICORENA E ISABEL LEÓN
Noviembre 2019 - Pontevedra e Vigo -
Silvia Penas Decembro 2019 - Lalín -
Estíbaliz Veiga Decembro 2019 - Ponteareas -
Cris Vilariño Xaneiro 2020 - A Cañiza -
Diana Sieira Xaneiro 2020 - Forcarei -
Dúas gamberras e un micro Febreiro 2020 - Crecente -
Rosalía Fernández Rial Febreiro 2020 - Mos -
Somdolilá Marzo 2020 - Redondela -
Sheyla Fariña Marzo 2020 - Cangas -
Laura LaMontagne Xullo 2020 - O Grove -
Elahood Xullo 2020 - Marín -
Pauliña Xullo 2020 - Vilagarcía de Arousa -
Zeltia Xullo 2020 - Gondomar -
Laura Tova Agosto 2020 - Pontecesures -
Las Antonias Agosto 2020 - Cambados -
Russinha Agosto 2020 - Sanxenxo -
Noemí Núñez Agosto 2020 - Mondariz -
Mónica Sueiro Setembro 2020 - O Rosal -
Iria Prol Setembro 2020 - Cercedo-Cotobade -
Julieta XLF Setembro 2020 - O Porriño -
Nana Outubro 2020 - Tui -
Lúa Mosquetera Outubro 2020 - A Guarda -
María Maquieira Outubro 2020 - Meis -
ALITA A. M. A. Novembro 2020 - Moaña