Mulleres en acción Violencia Zero

"Mulleres en acción. Violencia zero" 2018-2019

Máis de 75 creadoras, facedoras de cultura. Ás costas, 60 accións artísticas percorrendo espazos públicos de toda unha provincia: performance, música, danza, teatro, poesía e graffiti. Sentir para facer sentir. Reflexionar para facer reflexionar. A arte e a experiencia como ferramenta para acadar un mundo libre de violencias machistas.

O 25 de novembro de 2015 nacía "Mulleres en acción. Violencia zero" da Deputación de Pontevedra para apoiar e visibilizar as nosas creadoras galegas, poñendo o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade. Tres anos despois facemos memoria e lembramos cada unha das accións que nos estremeceron, que nos emocionaron, que levaron á participación activa de centos de persoas, da man de creadoras de referencia no eido da acción artística. "Mulleres en acción. Violencia zero" foi ademais foco informativo e ocupou portadas e espazos de relevancia nos medios de comunicación, non só locais, senón rexionais e mesmo nacionais. O cancelo #ViolenciaZero tivo milleiros de impactos nas redes sociais e provocou unha grande interacción co público, especialmente entre as e os máis novos. Obxectivos cumpridos: visibilidade para poñer en valor e implicación da cidadanía para promover unha actitude crítica fronte á realidade.

Presentamos a 4.ª edición dun programa cheo de reivindicación e talento na que a protagonista é a participación colectiva. Cremos profundamente na experiencia artística compartida e no seu poder para mobilizar conciencias. Por iso apostamos por un programa no que o público, e sobre todo a mocidade, formará parte activa das obras xunto ás creadoras e tomará posición crítica (e artística) nesta loita contra a violencia machista, nese "sentir para facer sentir", nese "reflexionar para facer reflexionar".

 

A 4.ª edición, que comeza este mes de novembro e se desenvolve desde o Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, comprenderá un total de 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia: performance (Nieves Correa, Luz Darriba, María Vallina, Silvia Antolín, Teresa Búa e Concha Mayordomo), poesía (Iolanda Zúñiga e Estíbaliz Espinosa), música (Rendi Nue, Sara de Sousa, Alba María e Lupe Blanco, Femininoplural e Konafro), graffiti (Doa Oa, Iria Fafián, Lidia Cao e Vanesa Álvarez), danza contemporánea (María Move, Nuria Sotelo e Marta Alonso) e acción escénica (Helen Bertels, Diana Mera, Carmen Conde, Marta Pérez e Cristina Balboa). Todo un ano visibilizando esta realidade, en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, colectivos diversos, corporacións municipais e toda a variedade de públicos que se pode concentrar nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do empoderamento da muller no eido cultural e artístico.

Arrincamos de novo con impulso e consolidación, sabendo da valía daqueles proxectos que escoitan ás persoas, que promoven a participación activa, que defenden valores e dereitos, que irrompen nos espazos públicos para alzar a voz e dicir "basta xa". Porque só podemos gañar esta loita desde a rúa, con mulleres (e homes) en acción.

Última modificación: venres, 15 novembro 2019

Mulleres en acción Violencia zero 2018-2019

1 - 25 de 25 albumes existentes

  • Nigrán 11-11-2019
    Nigrán 11-11-2019
  • Cuntis 29-10-2019
    Cuntis 29-10-2019
  • Meis 22-10-2019
    Meis 22-10-2019
  • As Neves 07-10-2019
    As Neves 07-10-2019
  • Forcarei 30-09-2019
    Forcarei 30-09-2019
  • Gondomar 28-09-2019
    Gondomar 28-09-2019
  • Cangas 02-08-2019
    Cangas 02-08-2019
  • A Guarda 01-08-2019
    A Guarda 01-08-2019
  • Baiona 23-07-2019
    Baiona 23-07-2019
  • A Illa de Arousa 07-2019
    A Illa de Arousa 07-2019
  • Poio 26-06-2019
    Poio 26-06-2019
  • Tomiño 14-05-2019
    Tomiño 14-05-2019
  • Silleda 09-05-2019
    Silleda 09-05-2019
  • O Grove 25-04-2019
    O Grove 25-04-2019
  • Lalín 04-04-2019
    Lalín 04-04-2019
  • Vilagaracía de Arousa 26-03-2019
    Vilagaracía de Arousa 26-03-2019
  • Barro 11-03-2019
    Barro 11-03-2019
  • Cambados 20-02-2019
    Cambados 20-02-2019
  • Ponte Caldelas 13-02-2019
    Ponte Caldelas 13-02-2019
  • Vilaboa 29-01-2019
    Vilaboa 29-01-2019
  • Mos 15-01-2019
    Mos 15-01-2019
  • Salceda de Caselas 18-12-2018
    Salceda de Caselas 18-12-2018
  • Ponteareas 17-12-2018
    Ponteareas 17-12-2018
  • Pontevedra 26-11-2018
    Pontevedra 26-11-2018
  • Vigo 23-11-2018
    Vigo 23-11-2018