"Mulleres en acción. Violencia zero" 2018-2019
Máis de 75 creadoras, facedoras de cultura. Ás costas, 60 accións artísticas percorrendo espazos públicos de toda unha provincia: performance, música, danza, teatro, poesía e graffiti. Sentir para facer sentir. Reflexionar para facer reflexionar. A arte e a experiencia como ferramenta para acadar un mundo libre de violencias machistas.
O 25 de novembro de 2015 nacía "Mulleres en acción. Violencia zero" da Deputación de Pontevedra para apoiar e visibilizar as nosas creadoras galegas, poñendo o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade. Tres anos despois facemos memoria e lembramos cada unha das accións que nos estremeceron, que nos emocionaron, que levaron á participación activa de centos de persoas, da man de creadoras de referencia no eido da acción artística. "Mulleres en acción. Violencia zero" foi ademais foco informativo e ocupou portadas e espazos de relevancia nos medios de comunicación, non só locais, senón rexionais e mesmo nacionais. O cancelo #ViolenciaZero tivo milleiros de impactos nas redes sociais e provocou unha grande interacción co público, especialmente entre as e os máis novos. Obxectivos cumpridos: visibilidade para poñer en valor e implicación da cidadanía para promover unha actitude crítica fronte á realidade.
Presentamos a 4.ª edición dun programa cheo de reivindicación e talento na que a protagonista é a participación colectiva. Cremos profundamente na experiencia artística compartida e no seu poder para mobilizar conciencias. Por iso apostamos por un programa no que o público, e sobre todo a mocidade, formará parte activa das obras xunto ás creadoras e tomará posición crítica (e artística) nesta loita contra a violencia machista, nese "sentir para facer sentir", nese "reflexionar para facer reflexionar".
A 4.ª edición, que comeza este mes de novembro e se desenvolve desde o Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, comprenderá un total de 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia: performance (Nieves Correa, Luz Darriba, María Vallina, Silvia Antolín, Teresa Búa e Concha Mayordomo), poesía (Iolanda Zúñiga e Estíbaliz Espinosa), música (Rendi Nue, Sara de Sousa, Alba María e Lupe Blanco, Femininoplural e Konafro), graffiti (Doa Oa, Iria Fafián, Lidia Cao e Vanesa Álvarez), danza contemporánea (María Move, Nuria Sotelo e Marta Alonso) e acción escénica (Helen Bertels, Diana Mera, Carmen Conde, Marta Pérez e Cristina Balboa). Todo un ano visibilizando esta realidade, en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, colectivos diversos, corporacións municipais e toda a variedade de públicos que se pode concentrar nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do empoderamento da muller no eido cultural e artístico.
Arrincamos de novo con impulso e consolidación, sabendo da valía daqueles proxectos que escoitan ás persoas, que promoven a participación activa, que defenden valores e dereitos, que irrompen nos espazos públicos para alzar a voz e dicir "basta xa". Porque só podemos gañar esta loita desde a rúa, con mulleres (e homes) en acción.
Última modificación: venres, 15 novembro 2019
-
"ANÁSTROFE", María Vallina Nigrán, 11 de novembro 2019, ás 17:15 h, IES Escolas Proval
- "REGUEIFA 2.0", Alba María Rodríguez Díaz y Guadalupe Blanco Vázquez Meis, 22 de outubro 2019, ás 12 h, Auditorio Multiusos
- "TABÚ", Carmen Conde Cuntis, 29 de outubro 2019, ás 17 h, CPI Aurelio Marcelino
- "FUTURE", Vanesa Álvarez As Neves, 7 de outubro 2019 ás 12 h, Casa da Xuventude
- "7 CONSTELACIÓNS QUE XA NON SON INVISIBLES", Estíbaliz Espinosa Forcarei, 30 de setembro de 2019 ás 12:35 h, IES Chano Piñeiro
- "UN XARDÍN POR (RE)CONSTRUÍR", Diana Mera Gondomar, 28 de setembro 2019 ás 12 h, praza Doutor Latino Salgueiro
- "MULLERES NA LUSOFONÍA", Sara de Sousa Cangas, 2 de agosto 2019 ás 21: 30 h, Eirado do Costal
- "ROSA", Nuria Sotelo A Guarda, 01 de agosto 2019 ás 21 h, Praza do Reló
- "BAILAR AGORA", Marta A. Tejada Baiona, 23 de xullo 2019 ás 21 h, Xardíns da Casa da Navegación
- "FEMININOPLURAL", Femininoplural Combarro (Poio), 26 de xuño 2019 ás 19 h, Praza da Chousa
- "A UNIÓN É VIDA", Lidia Cao Silleda, 9 de maio de 2019 ás 12 h, IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
- "REFORESTANDO", Doa Oa Tomiño, 14 de maio 2019, desde as 9 h, Campo de fútbol do Alivio
- "NON SER MULLER LIBRE MENTRES HAXA MULLERES SOMETIDAS", Rendi Nue O Grove, 25 de abril de 2019 ás 12 h, Casa da cultura Manuel Lueiro Rey
- "SOFÍA", Marta Pérez Lalín, 04 de abril de 2019, a las 12 h, Ayuntamiento de Lalín
- "VENUS", Luz Darriba Vilagarcía de Arousa, 26 de marzo 2019 ás 12 h, Praza de Galicia
- "P-PERSOA OLA 3", Teresa Búa Barro, 11 de marzo 2019 ás 12 h, Aula de Música
- "O QUE SEGUE", Cristina Balboa Cambados, 20 de febreiro de 2019, ás 12:50, IES Ramón Cabanillas
- "EFECTOS COLATERAIS", Concha Mayordomo Ponte Caldelas, 13 de febreiro 2019 ás 13:30 h, IES de Ponte Caldelas
- "A PALABRA INDÓMITA", Iolanda Zúñiga Vilaboa, 29 de xaneiro 2019 ás 12 h, CPI do Toural
- "IN MAPA SON", María Move Mos, 15 de xaneiro 2019 ás 10:25 h, IES de Mos
- "O XARDÍN É DE TODAS", Iria Fafián Salceda de Caselas, 18 de decembro 2018 ás 12 h, Tunel do Parque Raiña Aragonta
- "CORPUS INTERRUPTUS", Silvia Antolín Ponteareas, 17 decembro 2018, ás 12 h, Baixada ao Cra Raíña Aragonta
- "AMOR", Helen Bertels Pontevedra, 26 de novembro 2018, ás 12, Praza da Peregrina
- "NOSOTRAS", Nieves Correa Vigo, 23 de novembro 2018 ás 19 h, Salón de actos do Marco
- "GUERREIRAS MANDINGAS", Konafro A Illa de Arousa, xullo 2019