Noticias

"SmartPeme" volve á provincia con 32 novos obradoiros durante o mes de setembro

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación, destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes, terá lugar en seis centros


30 agosto 2017
SmartPeme

Os obradoiros de "SmartPeme" volven en setembro despois da pausa do mes de agosto. Así, os seis centros da provincia (Pontevedra, Vigo, O Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín) acollerán, durante todo o mes de setembro, un total de 32 obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

Lembramos que o novo proxecto "SmartPeme", en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, "é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos".

Para isto, nas oficinas de "SmartPeme" no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están pondo en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

PONTEVEDRA (5 obradoiros)

As quendas para o mes de setembro no Edificio Administrativo da Deputación son as seguintes, todas elas en horario de 19horas: o martes 5 de setembro, "Seguridade informática: conceptos básicos". O xoves 7 impartirase "A túa información sempre á man: almacenamento na nube". O seguinte mércores, día 13, "A túa páxina web en menos de 90 minutos", ao que lle seguirá o venres 22 "Imos chamar á porta da túa clientela: posicionamento SEO". Por último, o xoves 28 de setembro, desenvolverase o obradoiro "Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo". A oficina "SmartPeme" de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.

ÁREA DE VIGO (16 obradoiros)

As quendas para o mes de marzo na oficina de Vigo son as seguintes: o mércores 5, "A túa información sempre á man: almacenamento na nube", seguido de "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa" o seguinte martes día 12. A seguinte semana, desenvolveranse "Seguridade da información: protexe o teu smartphone" o mércores 20 e "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…" o venres 22. Para rematar, o luns 25 desenvolverase o obradoiro que leva por título "Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite". A oficina "SmartPeme" de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3.

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: o martes 5 de marzo, "Plataformas online para crear o teu e-commerce". O xoves 7 será a quenda de "Facebook Ads", que dará paso o mércores 13 a "Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial". O venres 15 de marzo seguiralle "Seguridade informática: conceptos básicos" e, por último, o xoves 21 desenvolverase "Fotografía de vehículos para a súa venda online". A oficina "SmartPeme" de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5.

Por último, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 6 de marzo, "Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña". O seguinte martes, día 12, "A túa páxina web con Wordpress". "Rendibiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook" desenvolverase o xoves 14 de marzo, ao que lle seguirá "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas" o luns 18. Despois, "Como facturar electrónica mente para as empresas e administracións públicas" chegará o venres 22 e, a última quenda, será a de "Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial" o mércores 27. A oficina "SmartPeme" do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

Todas as actividades –tanto as de Ponteareas como das do Porriño e as de Vigo– terán lugar en horario de 19 horas e a inscrición pódese facer a través do número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.

CAMBADOS (5 obradoiros)

As quendas para o mes de setembro son as seguintes, todas elas no Centro ExpoSalnés en horario de 19 horas: o luns 4 de setembro, "A túa páxina web con WordPress". O xoves 7 impartirase "Google Analytics: Iniciación á analítica web". O martes da semana seguinte, día 12, "Xestiona o teu negocio desde o teléfono móbil", ao que lle seguirá o mércores 20 "A túa información sempre á man: almacenamento na nube" e, xa por último, o mércores 27 de setembro, desenvolverase o obradoiro "Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución?". A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.

LALÍN (6 obradoiros)

Os obradoiros terán lugar no Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000. As quendas para o mes de setembro son as seguintes, todas elas en horario de 19 horas: o martes 5 de setembro, "A túa páxina web en menos de 90 minutos". O luns 11 impartirase "Imos chamar á porta da túa clientela: posicionamento SEO". O seguinte mércores, día 13, "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais", ao que lle seguirá o martes 19 "Rendibiliza o teu perfil profesional aumentado seguidores en Facebook". A seguinte quenda será a de "Vén descubrir que son e para que serven as redes sociais" o xoves 21 e, xa por último, o venres 29 de setembro, desenvolverase o obradoiro "Xestiona o teu negocio desde o móbil". A oficina "SmartPeme" de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.


Novas relacionadas

SmartPeme Cambados

08 outubro 2017, smartpeme, deputación de pontevedra, exposalnés
SmartPeme

05 outubro 2017, obradoiros, smartpeme, deputación de pontevedra, edificio administrativo
SmartPeme

11 setembro 2017, smartpeme, javier dios, diputación de pontevedra