Noticias

O Porriño pecha o Plan Concellos cunha achega da Deputación de Pontevedra de máis de 18.000 euros

Este ano, o Goberno de Carmela Silva puxo a disposición do Porriño, a través do Plan, un total de 1.883.863,81 euros, un 79,05 % máis que o ano anterior


07 decembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante Resolución presidencial, unha axuda ao concello do Porriño por un valor de 18.129,02 euros para financiar o mobiliario da biblioteca municipal da vila. Así, con este investimento O Porriño pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o Goberno provincial destinoulle 1.883.863,81 euros, un 79,05 % máis que en 2017.

Este ano, ao través da liña 1 do Plan Concellos, O Porriño tamén contou co financiamento do módulo de atletismo, por importe de 200.000 euros; da dotación da beirarrúa A Pontenova-A Guía-Atios, por 463.007,15 euros; e da rotonda na Pontenova, por 252.420,34 euros. Ademais a Deputación adxudicou 101.713 euros no que corresponde á liña 2 e tamén outros 89.345,40 euros que foron destinados á financiación da contratación de 25 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de Emprego.

Este ano a Deputación de Pontevedra puxo a disposición do Porriño, a través do Plan Concellos, un total de 1.883.863,81 euros, o que supón un 79,05 % máis que no exercicio anterior.