Noticias

Cuntis destina máis de 5.600 euros do Plan Concellos para o investimento en eficiencia enerxética

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Cuntis sitúase nun 5.6 %, representando un investimento na vila de 51.630,85 euros


28 xuño 2018
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante Resolución presidencial, un novo investimento no concello de Cuntis ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 5.614,40 euros para o investimento en eficiencia enerxética.

O Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 46.016,45 euros na liña 2 para o financiamento de actividades deportivas, de depuradoras do rural e equipos, para a promoción turística do concello, para a Romaría do Cabalo, a Feira do 18 e para habilitar fogar III.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 51.630,85 euros do total destinado a Cuntis, isto é, o 5.6 %.