Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba novas achegas do Plan Concellos de case 800.000 euros para O Porriño e O Rosal

Con estes investimentos, a Deputación financia dous proxectos de acondicionamento e reforma de vías públicas no Porriño e de novos espazos recreativos no Rosal


30 xuño 2018
Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tres novas achegas para os concellos do Porriño e O Rosal, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018. Estes investimentos supoñen un total de 779.282,53 euros.

Así, a institución provincial destina ao Concello do Porriño un total de 715.427,49 euros. Máis polo miúdo, o concello recibe por parte da Deputación unha achega de 463.007,15 euros para financiar a beirarrúa A Pontenova-A Guia-Atios e outra axuda de 252.420,34 euros para a rotonda na Pontenova. Con esta achega, O Porriño xa ten recibido 1.165.255,69 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 61.8 % do plan provincial.

Pola súa banda, o Concello do Rosal recibe por parte da institución provincial 63.855,04 euros para o financiamento de novos espazos recreativos no parque de Pías. A institución provincial xa destinou ao Rosal 427.560,08 euros do Plan Concellos 2018, o que supón o 44.12 %.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.