Noticias

O Plan Concellos aporta 50.000 € a Cangas para a adecuación á normativa do parque infantil de Rodeira

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Cangas sitúase preto do 93%, o que supón un investimento na vila de 944.925,85€


24 xul 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar a achega de 50.518,02 € ao concello de Cangas coa finalidade de adecuar á normativa vixente o parque infantil de Rodeira, situado na avenida de Ourense da localidade. Esta axuda pertence ao Plan Concellos 2016 e, máis concretamente, á súa liña 1 de investimentos.

Esta contía súmase ás outorgadas anteriormente no Plan Concellos: 520.899,38 € na liña 1 para a reparación e acondicionamento de camiños de titularidade municipal na contorna do río Bouzós e a contención e a recollida de pluviais no lugar de Ourelo, para a adquisición de luminarias no paseo Castelao, Eugenio Sequeiros e Montero Ríos, a adquisición de vehículos para limpeza e recollida de lixo, a renovación das súas Hospital, Lirio e Lúa e a pavimentación e mellora de servizos do barrio de Outeiro (no casco vello). Ademais134.901,97 euros –liña  2– para gastos correntes, 38.050 € na liña 3 para nove actuacións culturais (un proxecto orquestral, proxectos educativos, camiños escolares, actividades medioambientais, Musicanfas 2016, o Correlingua, o 17º Salón do Cómic, o III Festival de Danza e Música Tradicional de Cangas "Aturuxos ao son da ría" e a programación cultural do auditorio municipal en canto a "Rede Teatros" de abril) e, por último, 200.556,48 € destinados á contratación de 34 traballadoras e traballadores que desenvolven as súas profesións nos servizos municipais.

No que levamos de 2016,o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Cangas sitúase no92,7% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte do Goberno provincialacada a cifra de944.925,85€.

 

Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo