Noticias

O Grove completa o orzamento do Plan Concellos con máis de 400.000 € destinados ao seu futuro auditorio

O 100% do Plan Concellos 2016 no Grove supón un investimento de721.204,25 €


02 out 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha importante achega ao concello do Grove encadrada na liña 1, a de investimentos, do Plan Concellos 2016. Trátase dunha axuda por un importe de 407.412,04 € cos que O Grove actuará no seu futuro auditorio e escola de música.

Ata o de agora, O Grove xa recibira do Plan Concellos 2016 outros 67.587,96 € en liña 1 precisamente para elaborar o proxecto técnico do auditorio e a escola de música, 56.933,29 € en liña 2 para sufragar gastos correntes, 27.000 € en liña 3 para o financiamento de diversas actividades culturais, sociais ou turísticas (as Xornadas da Centola, regatas de dornas, as actividades culturais da Festa do Marisco, a Gala Municipal do Deporte, a Carreira Popular, a Liga de Fútbol, o XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey e un proxecto de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero) e, por último, 162.270,96 € en liña 4 para a contratación de 30 persoas nos servizos municipais.

Os  721.204,25€ investidos ao abeiro do Plan Concellos 2016 no Grove representan o 100% do seu orzamento neste plan de cooperación municipal.