Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba un novo investimento de 170.000 euros para Meis ao abeiro do Plan Concellos

O Plan pon este ano a disposición dos concellos 72 millóns de euros, 42 correspondentes ao Plan 2018 e 30 da liña 1 do Plan 2019, un 75 % máis que no 2017


05 abril 2018
Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega do Plan Concellos 2018 para Meis por un valor de 170.542,88 euros para o financiamento do investimento na rede de saneamento e a reposición de firmes nos lugares de Brea, Seixo e Pedras.

Tal e como informou Carmela Silva "é a primeira achega da liña 1 de Investimentos para Meis, que sumada aos 105.417 euros que xa ten recibido pola liña 3 de Emprego, chega ao 33,64 % do Plan Concellos 2018".

Para este ano, a Deputación de Pontevedra puxo a disposición de Meis 820.384,56 euros, dos cales xa recibiu 275.959,88 euros.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

10 novembro 2017, meaño, plan concellos, plan concellos 2017, deputación de pontevedra