Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba as bases das axudas ás entidades sociais para servizos sociais, sociosanitarios e de xuventude 2017

A liña de subvencións do Servizo de Cohesión Social e Xuventude achega 864.000 euros, fronte aos 700.000 do exercicio anterior, un 23,4 % máis


28 xaneiro 2017
Reunión

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases da concesión de axudas ás entidades con carácter social e sen ánimo de lucro para a realización de actividades nas áreas dos servizos sociais, sociosanitarios e de xuventude na provincia de Pontevedra para 2017. Unha liña de axudas á que a institución provincial achega un total de 864.000 euros, fronte aos 700.000 euros que recibiu en 2016. Isto representa un incremento dun 23,4 % fronte ao ano anterior neste programa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra.

Nas bases, aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno da institución provincial, regúlase a concesión das axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para aquelas entidades que teñen como obxectivo realizar proxectos ou actividades orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, e de prevención e promoción do benestar dos colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención. Estas entidades terán un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do extracto da convocatoria, para poderen solicitalas, ata un máximo de 6.000 euros por entidade.

Os proxectos, programas e actividades das asociacións e entidades sen ánimo de lucro deben estar dirixidas aos seguintes colectivos: á familia e á infancia; ás persoas maiores; ás persoas con diversidade funcional; a emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas; ás persoas en risco de exclusión social; ás persoas que sofren de drogadicción e outros trastornos aditivos; á xuventude; aos asuntos sociosanitarios; e, ademais, a aqueles outros problemas que poidan ser obxecto de intervención social.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

23 xuñ 2016, servicios, servicios sociales, plan concellos 2016, 2016, servicios sociais, plan concellos, plan, servicios sociais comunitarios, servicios sociales comunitarios, financiación
Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

29 nov 2015, juventud, igualdad, igualdade, orzamentos, xuventude, cohesión social