Noticias

O goberno de Carmela Silva adxudicará mañá venres máis de 300.000 euros para os servizos sociais básicos doutros seis concellos da provincia

O Plan de Cofinanciamento de Servizos Comunitarios Básicos inclúe por vez primeira a tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes


13 xullo 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres a adxudicación de 332.543,22 euros para 6 concellos da provincia dentro do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes para o ano 2017.

Este é o 3.º grupo de concellos que recibe a achega da Deputación de Pontevedra despois de que xa se aprobaran as adxudicacións para outros 43 concellos. Nesta ocasión, os beneficiarios das axudas son A Illa de Arousa, cunha achega de 21.014 €; Moaña, con 80.671 €; Mos, con 65.851,24 €; Pontecesures, con 14.160 € ; O Porriño, con 67.907 € e Vilanova de Arousa, con 82.939,48 €. En total, a Deputación de Pontevedra aprobará unha adxudicación de 332.543,22 euros, cifra que súmase aos 1.722.829,98 euros que xa leva entregados a institución provincial.

Na convocatoria de 2017 puxéronse a disposición dos concellos da provincia 2.215.035.33 euros, destinados ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia e ao persoal dos Servizos comunitarios básicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes, como persoal administrativo e do Servizo de Educación e apoio familiar.

No pasado ano 2016, a Deputación de Pontevedra adxudicou un total de 1.359.142,45 euros aos concellos de menos de 20.000 habitantes para investir no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), e grazas ao financiamento da Deputación Provincial, prestouse este servizo a preto de 1.000 persoas dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, principalmente a mulleres (o 66,7 % das usuarias do SAF) maiores de 70 anos e coas limitacións propias da idade polo que precisaban apoio para realizar algunhas das tarefas e actividades da vida diaria, permitíndolle este servizo poder residir no seu domicilio habitual con autonomía e seguridade.

Coa aprobación deste terceiro grupo de achegas tan só quedan por entregar axudas por valor de máis de 150.000 euros a tres concellos da provincia, concretamente a Baiona, Crecente e Mondariz-Balneario.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

23 xuñ 2016, servicios, servicios sociales, plan concellos 2016, 2016, servicios sociais, plan concellos, plan, servicios sociais comunitarios, servicios sociales comunitarios, financiación