Noticias

Cuntis recibe 100.000 € do Plan Concellos para o arranxo de varios camiños rurais

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Cuntis sitúase no 53%, o que supón un investimento na vila de 266.931,42 €


25 xuñ 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega ao concello de Cuntis por valor de 100.000 € con destino á realización de melloras en varios camiños do rural da vila. Esta actuación enmárcase na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

O Plan Concellos xa outorgou anteriormente ao concello de Cuntis 35.000 € en liña 3 para o pago de gastos correntes, 18.845,43 € en liña 3 para o desenvolvemento da actividade "Habilitas Fogar", "Cuntis Arte-Sano" e a Feira Histórica do 18 e, finalmente, achegou 113.085,99 € na liña 4 de emprego para a contratación de 20 traballadoras e traballadores que desenvolven as súas profesións nos servizos municipais.

O total de achegas destinadas a Cuntis polo Plan Concellos 2016 suman en total a cantidade de 266.931,42 €, polo que o seu grao de execución atópase na actualidade nun 53,1%.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

26 xullo 2017, cuntis, plan concellos 2017, señales de tráfico verticales, sinais de tráfico verticais
Plan Concellos

22 xullo 2017, cuntis, plan concellos, plan concellos 2017, deputación de pontevedra, cuntis plan concello, eficiencia lumínica