Noticias

A Deputación de Pontevedra destina preto de 200.000 euros a Crecente no marco do Plan Concellos 2017

O Goberno de Carmela Silva leva entregado o 77 % do total destinado a Crecente dentro do plan, cun investimento situado en máis de 300.000 euros


17 maio 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, catro novas achegas ao Concello de Crecente no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará estas cantidades: 58.000,12 euros para a realización de obras de ensanche de viarios e mellora de muros, 50.612,96 € para o muro de acceso ao pavillón municipal, 48.709,49 € para a mellora de muros en diversos lugares da localidade (Albeos, Crecente e Ribeira) e, por último, 36.945,81 € para o saneamento de Fillós, en Ribeira, e actuación varias na rede de abastecemento municipal. En total, a suma destas catro achegas supoñen un investimento de 194.268,35 euros.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Crecente outros 20.000,02 € na liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e, finalmente, 87.226,50 € cos que Crecente puido contratar a 11 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da localidade.

Coa suma desta nova achega, Crecente xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 77,3 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 301.496,87 euros dun total de 390.000 euros.