Noticias

A Deputación destina preto de 77.000 € ao Concello de Crecente para a mellora de muros e a instalación da iluminación pública

A institución provincial adxudicou xa o 45,13 % do Plan Concellos 2016 correspondente a Crecente, o que representa un investimento na vila de 176.375,47 €


20 abr 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, acaba de adxudicar dúas subvencións a favor do Concello de Crecente, ambas as dúas enmarcadas na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

A primeira delas, por valor de 47.788,82 €, destinarase á realización dunha obra para a instalación da iluminación pública en Albeos e Vilar. A segunda achega, de 28.259,71 €, investirase en obras para a mellora de muros no concello.

Estas axudas hai que sumalas aos 14.655,34 € aprobados con cargo á liña 3 do Plan Concellos 2016, dedicados a animacións infantís, actuacións teatrais e musicais no Crecente cultural 2016, Coñece a túa comunidade, XIV edición da Festa do Pito, semifinal e final da Copa Galicia de Balonmán, I Campionato de Bádminton do Concello de Crecente e actuacións da coral Coro de Cámara de Crecente. Ademais, xa se adxudicaron 85.671,60 €, no marco da  liña 4, destinados á contratación de dez empregados e empregadas que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

A Deputación de Pontevedra destinou ao Concello de Crecente a contía de 176.375,47 €, dentro de Plan Concellos 2016, o que representa o 45,13 % do orzamento total destinado ao Concello. 


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

17 maio 2017, crecente, plan concellos 2017, investimentos, inversiones