Noticias

40 obradoiros do programa "Conectadas 2017" chegan esta semana a máis de 20 concellos da provincia

Preto de 700 mulleres se beneficiarán esta semana da iniciativa de Igualdade, que busca potenciar a participación e promoción das mulleres e mellorar a súa formación básica


01 outubro 2017
Conectadas

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta semana 39 novas accións formativas dentro do programa "Conectadas 2017", promovido polo Servizo de Igualdade da institución provincial, para 23 concellos da provincia de Pontevedra e dos que se beneficiarán en total preto de 700 mulleres destas localidades. Os inicios desta semana dos obradoiros, que están dirixidos a potenciar a participación e promoción das mulleres e a mellorar a súa formación básica, terán lugar nos concellos de Arbo, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Estrada, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Mondariz, Ponteareas, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

O luns 2 de outubro terán lugar as primeiras quendas da semana, nos seguintes concellos: en Cambados, Asociación O Batuqueiro de Vilariño iniciará un obradoiro de pilates para 23 mulleres. 14 mulleres de Cangas, da Asociación Cultural Con de Nerga, iniciarán un obradoiro de cestería. Na Estrada, a Asociación Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó pon en marcha unha acción de conservación de alimento e conservas artesanais para 21 persoas participantes. A Lalín chegan tres accións: unha de pilates para a Asociación de Mulleres de Soutolongo, con 19 persoas participantes; outra de zumba para 15 mulleres procedentes da Asociación de Mulleres en Igualdade de Rodís e outro para a Asociación de Mulleres en Igualdade en Donramiro, sobre ximnasia de mantemento, para 24 mulleres ao igual que na Lama, para 18 mulleres da Asociación de Mulleres de Cambases Laxa Longa e, no caso de Marín, para outras 15 mulleres da Asociación de Mulleres Veciñais Virxe do Porto.

Tamén o luns chega "Conectadas 2017" a Meaño, cun obradoiro de tapas, petiscos e canapés no que participarán 25 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras A Telleira de Dena. En Redondela, 15 mulleres se beneficiarán do obradoiro de socialización coas redes, procedentes do Centro Social, Cultural e Recreativo de Cedeira. Para Silleda, un obradoiro de ximnasia en mantemento que chegará a 16 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas. Para a Asociación Veciñal San Bieito de Romariz, en Soutomaior, un obradoiro de pilates con 21 participantes. Desde Tui, 15 mulleres da Asociación de Amas de Casa, Consumidoras e Usuarias de Tui aprenderán sobre arte floral e ornamentación e, por último, outras 15 mulleres da delegación da Asociación Española contra o Cancro en Vigo iniciarán a súa formación en intelixencia emocional.

As accións continúan o martes 3 de outubro, cando comezarán os seguintes obradoiros: en Arbo, 14 mulleres da Asociación Solidaria da Paradanta e, en Caldas de Reis, outras 19 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Carballeira, aprenderán sobre cestería creativa. Desde Cambados, 15 mulleres da Asociación Veciñal San Vicente aprenderán sobre coidados e dependencia (nivel II), ou outras 25 mulleres da Asociación Cultural Dorna, na Illa de Arousa, sobre arte floral e ornamentación. Desde Marín, 17 mulleres da Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro aprenderán sobre menú diario de cociña. En Mondariz, 15 mulleres da asociación Veciñal de Mondariz inician un obradoiro de risoterapia. A costura creativa será o obxecto do obradoiro que iniciarán 16 mulleres da Asociación O Punto da Palilleira, de Ponteareas. 17 mulleres do Círculo Recreativo Cultural do Porriño iniciarán un obradoiro de pilates mentres que a delegación da Asociación Española contra o Cancro do Salnés, en Sanxenxo, terá a 16 mulleres inmersas nun obradoiro de relaxación e manexo do estrés. "Conectadas 2017" tamén chega a Vigo o martes, nesta quenda para 17 mulleres da Asociación Veciñal Monte da Mina de Castrelos, cunha acción sobre arte floral e ornamentación e, por último, en Vilagarcía de Arousa 15 mulleres da Asociación de Amas de Casa O Noso Lar aprenderán sobre alfabetización dixital: Internet, e-mail, tablets, smartphones

O mércores 4 comezan outros catro obradoiros de "Conectadas 2017". En Ponte Caldelas, 16 mulleres de Alborada Caritel aprenderán sobre ximnasia de mantemento. En Vilagarcía, outras 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Fontecarmoa aprenderán sobre arte floral e ornamentación. Ademais, 24 mulleres da Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo, en Redondela, máis outras 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo, en Vila de Cruces, aprenderán sobre cociña, alimentación e hábitos saudables.

O xoves 5 de outubro, "Conectadas 2017" tamén dará inicio a novas accións cun obradoiro de costura creativa do que se beneficiarán 17 mulleres da Federación Provincial de Mulleres Rurais A Peregrina, en Arbo, e 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo. En Caldas de Reis, 17 mulleres da Asociación de Saiar pola Igualdade aprenderán sobre cociña, alimentación e hábitos saudables. En Vigo, serán tres as accións que comecen ese día: unha de xardinería para 15 mulleres da Asociación Veciñal de San Pedro de Matamá, outro de arte floral e ornamentación para 15 mulleres da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores e, por último, outra sobre alfabetización dixital (nivel II) para 15 mulleres da Asociación de Mulleres Dorna do Cristo da Vitoria.

O venres 6 de outubro, 15 mulleres da Asociación de Amas de Casa da Estrada aprenderán sobre musicoterapia. Desde Ponte Caldelas, 18 integrantes do grupo de sevillanas da Asociación de Mulleres Rurais "Aires do Norte e Olé" desenvolverán a partir deste día un obradoiro de encontro con lectoras para a animación á lectura e a memoria. Por último, en Vigo e en Vilanova de Arousa comezará outro curso de arte floral e ornamentación para, respectivamente, 20 mulleres da Asociación de Mulleres Xestas e para 16 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais O Mouriño.

"Conectadas 2017" ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres para favorecer as súas relacións interpersoais e o intercambio de experiencias ademais de contribuír á mellora da súa empregabilidade e ao mantemento no mercado de traballo e reducir a súa brecha dixital mediante a formación nas novas tecnoloxías.

O programa está destinado ás asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. Cada unha das asociacións beneficiarias desenvolve unha acción formativa, de 35 horas de duración, distribuídas entre oito bloques temáticos: "Muller emprende" (emprendemento), "Muller e cultura" (dedicado ás artes visuais), "Actualízate" (alfabetización dixital), "Coas túas mans" (traballos manuais), "Porque ti o fas" (xardinería e ornamentación floral), "Súmate ao cambio" (cociña, costura, coidados e dependencia, corresponsabilidade, reciclaxe, bricolaxe…), "Ponte en forma" (deportes) e "Coidados persoais".

A Deputación de Pontevedra destina a esta edición do "Conectadas 2017" un orzamento de 324.000 euros. O pasado ano máis de 5.000 mulleres se sumaron a estas accións formativas que teñen por obxectivo impulsar a igualdade real e garantir o acceso a todas e todos os membros da sociedade á participación nas distintas esferas e actividades.


Novas relacionadas

Conectadas

07 outubro 2017, igualdade, conectadas, conectadas 2017, deputación de pontevedra
Conectadas

10 setembro 2017, conectadas, conectadas 2017, deputación de pontevedra